National Geographic alerta sobre o colapso dos fondos das Illas CÃes
Un documental avalado polo Ministerio de Medio Ambiente alerta dos efectos do cambio climático en España.
Galicia é a comunidade española onde se producen máis emisións de gases de efecto invernadoiro como consecuencia de ser a comunidade na que máis se queiman os montes.
Por este motivo entre outros, a fauna mariña do Parque Nacional das Illas Atlánticas pode chegar a desaparecer. Estas conclusións foron sacadas do documental CAMBIO CLIMÁTICO EN ESPAÑA, producido por Nacional Geographic Channel e Endesa, que se emitirá o día 1 de febreiro en exclusiva no canal NATIONAL GEOGRAPHIC.
Neste documental analízanse os efectos do cambio climático en emprazamentos de gran riqueza ecolóxica e ambiental. España vai ser un dos países mais golpeados polas alteracións climáticas, e o Parque das Illas Atlánticas é un dos maiores enclaves naturais de España.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]