O outro día fomos visitar a biblioteca Ánxel Casal, e antes de presentarvos o que foi a nosa visita pensamos que sería de interese contarvos quen foi o persoeiro que lle dá nome á biblioteca.
Ánxel Casal, editor e político galego, naceu na Coruña o 17 de decembro de 1895 e morreu asasinado en 1936.
Uniuse ás Irmandades da Fala da Coruña, colaborou no Conservatorio de Arte Galego e foi o promotor e primeiro mestre da Escola de ensinanza galega das Irmandades, a primeira que empregou o galego.
Xunto con Leandro Carré Alvarellos, fundou a editorial Lar. Desvinculouse desta iniciativa para fundar a editorial Nós, a cal imprimía A Nosa Terra e a revista Nós.
Militante dende a súa creación do Partido Galeguista, foi alcalde de Santiago dende febreiro de 1936 ata o seu asasinato.
Colaborou con diversas iniciativas republicanas, galeguistas e sindicalistas. Foi o editor e impresor das revistas vangardistas Claridad e Ser e promotor da Asociación de Escritores de Galicia.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]