Desde o luns 11 ata o luns 18 de maio vaise desenvolver a Semana cultural das Letras Galegas que organizamos desde o ENDL.
A Semana cultural deste curso 2008-2009, comezará o luns 11 coa charla do profesor Luís Aldegunde sobre o autor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas. Desenvolverase na última hora de clase do luns pola tarde e baixo o título: Quen foi Ramón Piñeiro? pretende achegar a figura do fundador de Galaxia ó alumnado de 1º de bacharelato. O relator apoiará a súa exposición cun vídeo feito por el no que mostra os datos máis importantes da vida do homenaxeado e mais unha breve introdución á súa obra. Está aberta tamén a pais e demais membros da comunidade que estean interesados.
O ENDL quere recordar que tódalas actividades teñen como destinatarios grupos pechados do alumnado por cuestións organizativas do centro, pero están abertas a todas aquelas persoas de fóra do centro que estivesen interesadas en asistir.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]