O colexiado Pérez Burrull é un dos protagonistas da xornada, no partido Valencia – Atlético (1-4) de Madrid. Este arbitro non viu unha man a favor do Atlético de Madrid dentro da área que todos viron. Esta acción non tería mais importancia se non fose porque o colexiado en principio non pitou penalti, pero acto seguido o cuarto arbitro achegóuselle e convenceuno de que si fora penalti. Daquela Burrull pitouno e sacoulle unha tarxeta vermella ao xogador valencianista Marchena. Esta acción consternou ao Valencia, pero especialmente a César (o porteiro) que mesmo lle chegou a pedir a Forlán que tirase fóra o penalti (cousa que este non fixo). O cancerveiro pasou o resto do partido protestando e ao final o gardameta preguntoulle ao colexiado quen pitaba, se el ou o cuarto arbitro. Por sorte non houbo ningún incidente por esta causa, o cal é moi respectable.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]