Para os nosos restaurantes
Dentro do proxecto Abrindo portas en galego, desenvolto polo Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega (ENDL), organizamos múltiples actividades, e unha delas afecta aos empresarios da hostalería de Rianxo.
Desde o ENDL ofrecémoslle a tradución ao galego, castelán, inglés, francés e portugués dun determinado número de produtos elaborados nas súas cociñas.
A continuación incluímos a información traducida nunha maqueta cun deseño atractivo que será común para todos e onde se pode incluír o anagrama das empresas.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]