Carta de presentación
Ola! ,son Martin Rodríguez, teño dezaseis anos e estudo 3ª da ESO.
Encántame andar no ordenador e tamén facer deportes, o meu preferido é o piragüismo que o practico casi toda a semana.
Son algo alto e non me considero moi gordo. Non bebo, non fumo, aínda que antes o facía; deixeino hai un ano e estou moi orgulloso de ter deixado iso.Aínda que me ofrezan, dubido moito que volva porque llo prometera a unha gran amiga e nunca volverei.
Son un tipo algo gracioso e pinto moito o parvo, polo que din os meus amigos, e segundo as miñas amigas son algo cursi,(romántico como din elas), pero só coas rapazas que me molan.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]