Este ano dedícase o Día das Letras Galegas a Lois Pereiro, un dos datos que coñecemos da súa vida é que foi un dos afectados pola intoxicación alimentaria que sufriron moitas persoas nos anos oitenta en España.
Durante meses persoas dedicáronse a vender aceite que non estaba controlado por sanidade, nin sequera tiñan unha etiqueta que informara sobre a composición do produto, a venda era directamente ás persoas das aldeas, como seu prezo era baixo a xente comprábao, despois de días ou semanas inxerindo este aceite as xentes enfermaban con grandes neumonías atípicas, ata morreren.
Cando se investigou este problema a primeira conclusión foi que o que provocaba isto era que o aceite de colza estaba desnaturalizado, que este aceite estaba mesturado con aceite para motores.
Aínda son moitas persoas as afectadas por este aceite e tamén os seus descendentes sufriron consecuencias na súa saúde.
Aínda que tamén se di que o problema non era iso senón que algunhas investigacións apuntan á compañía farmacéutica Bayer como culpable.., Esta compañía foi investigada e existe científicos que a causa desas morte, afirmando que teñen que ver co isecticida “Nemacur” utilizado de xeito masivo.
Aínda que isto fose verdade nunca sairía á luz
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]