Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas / Creación literaria
Entrevista a Maria del Carmen Caramés Gorgal (Maika)

Maika (Mª del Carmen Caramés Gorgal) a máis de ser profesora de pedagoxía terapeútica no noso IES, nos descobre outra faceta como poetisa

 

1. O teu libro titúlase “Cuarto Minguante”, por que ese nome tan lunático?
Por unha especie de paralelismo entre a vida e as fases da lúa, dalgunha maneira o libro representa unha fase de declive despois dunha de plenitude.

2. Hai unha fonte de inspiración neste poemario? Cal?
Este poemario reflicte un sentimento de perda moi intenso, unha forma de dor que eu non coñecía.

3. Canto tempo se tarda en escribir un libro desas características?
Cando escribir é unha especie de terapia, de necesidade, depende das circunstacias e do estado de ánimo do momento. Este poemario é, en realidade, continuación doutro anterior e escribinos ao longo dun ano.

4. Está adicado a alguén especial? Podemos sabelo?
Está adicado a alguén moi, moi especial: ao meu irmán Tomás, que faleceu fai cinco anos, e tamén á miña nai.

5. A poesía é un xénero que ten digamos… poucos lectores e lectoras, non tería máis difusión un texto en narrativa ou teatral?
Iso seguro, pero a poesía permíteme expresarrme dun xeito máis reflexivo e máis profundo que é o que realmente me interesa. Escribo para mín, para exteriorizar o que sinto, esa é a auténtica finalidade.

6. A túa familia estivo implicada neste libro?
Compartimos os mesmos sentimentos que o orixinaron e dalgún xeito é coma se todos fósemos unha mesma voz, non importa quen o escribise.

7. Tanto, tanto, tanto che gusta escribir como para publicar un libro?
Gústame escribir aínda que non sexa para públicar, nunca tiven esa pretensión, o de publicar foi algo máis ben casual, un “efecto colateral”.

8. Qué outras aficións tes? Son todas artísticas?
Nada como un café coa familia ou as amizades, é co que máis disfruto, a miña maior afición; pero tamén me encanta a fotografía, a xardiñería ou cultivar hortalizas (considéroo todo un luxo) e, como non, a lectura.

9. Dinos brevemente cales son as túas escritoras e escritores favoritos.
Cando vou ler un libro miro se me pode interesar o que se conta nel sen importarme moito quen o escribiu, hai temáticas que non me atraen independentemente de quen as escriba.

10. E xa por último, imos ter un novo título dentro dalgún tempo? Si é así adiántanos algo.
Fai pouco que saíu unha obra colectiva, “Póquer de dramas” na que participo cun relato e está a piques de saír outro recopilatiro do “Certame de Narración Breve Modesto Figueiredo”, no que tamén participo e pode que en breve apareza outro poemario.

Moita sorte e grazas pola túa colaboración.

 

Noel Martínez Vicente 2º ESO “D”
Jesús Castro Amor 2º ESO “D”
José David Muñiz Guaramata 2º ESO “D”




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.