Eu en ti
Eu xa te busquei
cando o mundo era unha pedra intaita.
Cando as cousas buscaban os seus nomes,
eu xa te buscaba.
Eu xa te procurei
no comezo dos mares e das chairas.
Cando Dios procuraba compañía
eu xa te procuraba.
Eu xa te chamei
cando soio a voz do vento soaba.
Cando o silenzo chamaba polas verbas,
eu xa te chamaba.
Eu xa te namorei
cando o amor era unha folla branca.
Cando a lúa namoraba as outas cumes,
eu xa te namoraba.
Sempre,
dende a neve dos tempos,
eu, na túa ialma.
Mp3 de “A Quenlla”
Mp3 de “Cristina Pato”
Mp3 de “Uxía”
Nota: Os enlaces ás versións musicadas foron quitadas da páxina: sondepoetas.blogspot.com.es/2009/02/eu-en-ti-celso-emilio-ferreiro.html
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]