281 expertos de 56 países. Estes datos xa nos dan unha idea da magnitude da reunión que se celebra en Vigo do 5 ao 9 de novembro. O Grupo III do IPCC (Grupo Intergubernamental sobre o Cambio Climático) pertencente á ONU, celebra un congreso para redactar un informe sobre o cambio climático. Non é o primeiro. Dende a creación do IPCC no 1988, véñense elaborando este tipo de traballos. De feito, o de Vigo trátase do quinto, que se desenvolve dende o 2009 e que non verá a luz ata o 2014.
Foto: becariosbarrie.org
O tema a tratar será a maneira de paliar os efectos do cambio climático, e a procura da redución das emisións de gases de efecto invernadoiro, que son os principais causantes do problema. Para isto, contarán con informes de areas moi diversas elaborados por científicos de todo o mundo.
Os resultados do traballo, serán sen dúbida, unha base para futuras negociacións internacionais.
O problema do cambio climático reunirá en Galicia a científicos de todo o mundo
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]