Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
O dereito a gozar da Ciencia en galego

Durante o mes de novembro celebrase o 3º día da ciencia en galego que promove o uso do galego en todos os ámbitos científicos e que contribúe a promover a investigación desenvolvida na nosa lingua. Este ano o día da ciencia está dedicado á tecnoloxía e fixándose singularmente en Leonardo da Vinci e en Ramón Verea.

Para celebrar este día da ciencia propóñense unha serie de actividades que van dende a ampla programación de actividades das universidades de Santiago e de Lugo, pasando pola Galiciencia, o programa ConCiencia e un concurso de relatos científicos. Tamén esta prevista unha videoconferecia programada pola Coordinadora Galega de ENDL na que participan físicos destacados formados en centros galegos. A investigación científica e a súa divulgación son piares básicos para o progreso da sociedade. A lingua galega debe incorporarse como vehículo para a transmisión social deses avances no coñecemento nas diferentes áreas.

Para máis información, podes visitar: Ciencia en Galego

AUTOR: EDUARDO DOMÍNGUEZ (4ºESO)

 

 

EDUARDO DOMÍNGUEZ (4ºESO)



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.