Queremos galego!
Dende o local de alumnos do IES, animámoste a asistir a manifestación convocada pola plataforma Queremos Galego, en defensa da nosa lingua, o galego.
As medidas de Wert, atentaron dende o principio contra o galego, xa que no seu novo borrador o galego aparece como unha lingua de 3ª categoría, mesmo por detrás da 2ª Lingua Estranxeira ou da Relixión.
Se estas medidas che parecen unha inxustiza ou se simplemente amas a túa lingua e che parecen unha agresión os desprezos que se lle están facendo con estas medidas, anímate a asistir á manifestación que o domingo 27 de xaneiro ás 12 da mañá terá lugar en Santiago (sairá da Alameda).
Non esquezas difundir esta mensaxe e anímate a asistir!
Carme Veiga 4ºD
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]