Xulio 1972
Dixo Moraima:
nunca poiden enxergar
que por ser fillo do vento
que namora á libertá,
ti teñas que ser á forza
un perigoso elemento,
sospeitoso e pecadento.
Ti non podes enxergalo,
Moraima, pro eu fai tempo,
fai moito tempo que o enxergo.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]