Coa colaboración do Concello de Rianxo e grazas a Axóuxere Editora e ó interesante proxecto de residencias de escritores que está a impulsar na aldea de Brión en Rianxo, disfrutamos os dÃas 20 e 21 de febreiro dun obradoiro de escritura creativa impartido polo narrador brasileiro Amilcar Bettega .
Entre a ducia de participantes atopamos rianxeiros, composteláns, e persoas doutros concellos da contorna. Foron seis horas nas que a lingua galego-portuguesa serviu de ferramenta para crear personaxes e historias e para logo compartilas. Fomos testemuñas de que durante ese tempo non houbo en ningún intre dificultade ningunha para comunicarse. Nin a nasalidade do brasileiro, nin a gheada dos de Taragoña ou os de Outes foron nunca obstáculo para a comprensión. Quizais porque con tanta frecuencia escoitamos que o galego limita, sempre nos satisfai e nos emociona comprobar a variedade e o alcance da nosa lingua, que nos abre portas ó mundo e ó coñecemento. Desta volta achegounos á mestría de Bettega, gañador de prestixiosos premios literarios e con textos publicados en antoloxías, xornais e revistas literarias do Brasil, Francia, Suecia, Luxemburgo e os Estados Unidos. En 2010, Bettega foi convidado a participar no International Writing Program da Universidade de Iowa, nos Estados Unidos, berce e centro de referencia mundial da Escrita Creativa.
AmÃlcar Bettega impartiu un obradoiro de escrita creativa
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]