Nada máis chegar fomos ata o río para facer tempo esperando a que o alumnado de Cuntis saíse ao recreo. Como comezo leváronos ao salón de actos onde nos amosaron un vídeo feito por eles para animar a todos a que non esquezamos a nosa lingua. Logo unha rapaza chamada Branca cantou unha canción preciosa.
Despois mesturámonos a través dun xogo de refráns e xa saímos do centro.
Subimos unha costa para ver o castro de Castrolandín onde o bibliotecario Mario, pertencente á asociación de recuperación do castr, fixo de guía contándonos a historia deste poboado e mais de toda a vida castrexa.
Este é o foxo do castro
Estas son os restos do castro
Aquí diante dunha casa moi particular
Desde alí, baixamos polas campaíñas, unhas fervenzas que ten o río que pasa por alí e que están moi ben, pero non teñen acceso.
A continuación fomos comer a un monumento feito por Asorey. A o chegar alí dividímonos en grupos como nós quixeramos e sentamos a comer.
Logo baixamos ao instituto, no que nos dividimos en dous grupos, un que foi ao balneario e os outros fixeron un xogo de pistas. Os que estabamos nos xogos de pistas organizámonos en dous grupos de catore persoas cada un .
Despois tivemos tempo libre e a continuación fomos a o museo Terra Termarum, ao saír ainda tivemos máis tempo libre.
Os alumnos que fomos ao balneario disfrutamos dunhas augas termais e saunas estupendas. Había unha piscina interior, unha exterior e tres saunas distintas. Estabamos nos sós no balneario e grazas a iso puidemos disfrutar sen problemas.
En resumo, pasámolo moi ben e temos ganas de que veñan eles o vindeiro luns.
“Fíxonos moita ilusión coñecer aos rapaces cos que contactaramos antes por carta e coñecelos un pouco mellor. O castro de Castrolandín era moi interesante e víanse unas vistas do val preciosas. Temos moitas ganas de que veñan eles a Rianxo.”
Intercambio lingüÃstico cultural
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]