Unha vez chegados os de Cuntis a Rianxo, dispuxéronse a entrar no Salón de Actos para a recepción. En cando entraron, Jeebon, Manuel e Oliver tocaron unha canción.
Démoslles a benvida e Sarela amosoulles Rianxo a fondo cunhas diapositivas
Logo, Aida tocou unha fermosa peza co piano que lles encantou.
E cando acabou, Sara e Marta ensináronlles qué é o que facemos en normalización.
Para rematar, Aitana e Andrea cantaron co acompañamento do dueto de clarinetes Paula e Aldara a canción “Lela”
En canto rematamos, Miguel explicounos un xogo que consistía en atopar obras de Rianxo e unilos cos seus autores, o seu obxectivo era facer parellas mesturadas.
Logo, pasámonos polo Museo de Nós Nuco, no que se espoñían distintas esculturas feitas de pedra, cerámica e madeira.
Fomos andando polo paseo marítimo ata o castelo da Lúa, onde Sarela nos contou a lenda que rodea as ruínas.
Dende ahí volvemos andando a Rianxo, onde un guía nos amosou a todos, tanto ós de Rianxo, coma os de Cuntis, os lugares máis representativos da nosa vila.
Cando rematamos de percorrer Rianxo, os de Cuntis foron a visitar o Museo do Mar, onde lles ensinaron as nosas artes de pesca tradicionais, mentres que os rianxeiros fomos ao parque de arriba, moi preto de alí.
Para comer fomos andando ata Tanxil, onde disfrutamos dun maravilloso sol, e tamén onde algúns rapaces se bañaron a pesar de que facía un frío tremendo.
A maioría foron camiñar pola area e polas pedras.
Despois dunha longa estancia na praia, fomos ao instituto, onde algúns rapaces propuxeron ir a ver o petróglifo que hai por alí preto, e fumos.
Ao final dixémoslle adeus ós de Cuntis e retomamos a última clase.
En Rianxo
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]