4 de novembro. Día da Ciencia en Galego
O día 4 de novembro celébrase o Día da Ciencia en Galego, un ano máis o celebraremos no IES Félix Muriel con distintas actividades, exposición na biblioteca de libros en galego que nos falan de ciencia, haberá unha visita á cidade de Lugo onde o alumnado de 1º de bacharelato asistirá á exposición Arte e Ciencia e o vindeiro 12 de novembro o alumnado de 4º da ESO participará nunha videoconferencia impartida por Jorge Mira co título ”Como medir tamaños e distancias da Terra, a Lúa e o Sol”. O alumnado de 1º da ESO participará na videoconferencia de Marilar Aleixandre co título “Benqueridos insectos”
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]