Manuel Rubén (4ºESO C) deixounos a crónica da visita do contador de historias Jorge Serafim
O día tres de decembro o portugués Jorge Serafim, contador de historias, visitounos na aula de usos múltiples.
Jorge coutounos historias, entre monólogos e bromas de cara ao alumnado, sobre a esperanza, a sorte e a miseria, ensinándonos leccións vitais e presentes na vida cotiá.
Algunhas das historias foron:
Miséria: Neste conto a Miséria esta personificada en forma de muller que grazas á súa astucia sobrevive eternamente, estando presente na actualidade.
Sorte: Un home queixábase a Deus da súa mala sorte, mais era el quen a evitaba, debido a este sentimento negativo e rexeitando a sorte que se lle presentaba sen el decatarse.
Esperanza: Nela unha nena representáballe a seu pai, encarcerado, a esperanza en forma de árbore con ollos de pomba como froitos.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]