Eva Soto é alumna da terceira promoción dos Estudos Superiores de Deseño Téxtil e Moda de Galicia (Esdemga) e natural de Cambados.
Eva acaba de conseguir algo que a calquera deseñador/a de moda lle gustaría poder facer: a estilista de Lady Gaga, unha famosísima cantante pop, interesouse polos deseños desta galega. Foi a propia cantante quen se puxo en contacto con ela requirindo certos traxes, que presentara Eva no seu proxecto de fin de carreira, en Debut 2009, e outros que formaban parte da colección que fixera para Ego. Algúns destes deseños xa foran prestados ó fotógrafo Eugenio Recuenco para o seu próximo libro. Tamén hai que destacar que diferentes revistas de moda de Nova York se puxeron en contacto coa galega para publicar referencias ao seu traballo. Ela limítase a afirmar: “ A moda sempre foi o que máis me gustou, sempre soñei con dedicarme a isto e se sae unha oportunidade como esta hai que aproveitala”. E que razón ten!
Como podemos ver, estudando en Galicia tamén se pode chegar moi lonxe, os límites non os pon un lugar nin un idioma senón as propias persoas, as súas capacidades e as ganas que se poñen nas cousas. Hai que desexarlle a maior sorte a Eva Soto na súa nova andadura e que leve Galicia ben lonxe.
Algúns dos seus deseños.
Fonte: La voz de Galicia
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]