Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura
Vídeo da entrevista a Carlos Negro

 Cristina Cambeses e María López (2º Bac. B)

Cheas de nervios e ilusión e nun día tan especial como o Día do libro, decidímonos a entrevistar ao poeta galego Carlos Negro que se achegaba ao centro a presentar a súa última obra.  Esperabamos atopar un prototipo de escritor que para nada tiña que ver co home que nos encontramos: agradable, con bo sentido do humor e moi culto.

CN2Falounos de temas de actualidade, de como as tendencias condicionan a vida de moitos mozos e mozas actuais e achegounos a unha visión minuciosa acerca da saúde da poesía actual e das claves do seu último libro Penúltimas tendencias.

Podedes escoitar toda a conversa que tivo connosco no seguinte vídeo, do que destacamos as numerosas reflexións que nos deixou, en especial chamounos á atención o que nos comentou sobre que as condutas feministas e machistas non teñen que ser asociadas a mulleres e homes respectivamente:


 

Esperamos algún día poder volver repetir unha experiencia similar e que Carlos Negro non tarde en volver ao IES Félix Muriel para achegarnos a visión doutro novo libro que  de seguro ha publicar.



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.