Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
A presenza do galego nos diferentes ámbitos

Por Lidia González

Tristemente, hoxe en día temos que dicir que o galego está totalmente afastado e excluído de diversos ámbitos como é a igrexa, o mundo da xustiza ou as forzas armadas.

Nos sectores socioeconómicos ou deportivos a situación mellora pero aínda hai moitos aspectos que deberían mudar.

Precisamente, durante este trimestre tivemos que elaborar un traballo sobre a situación do galego actual procurando información na internet. Pois ben, un aspecto que me chamou moito á atención foi que en todas as páxinas que abría podía ler que o galego estaba moi presente en todos en ámbitos, é dicir, comercios con carteis e propaganda totalmente en galego, deportes nos que utilizaban o galego como única lingua…

En realidade, é iso certo? Por unha banda é indubidábel que o galego está máis presente nestes ámbitos comparado con tempos remotos, pero por outro lado aínda lle queda moito que mellorar. A situación non é tan boa como nos intentar facer crer. Gustaríame pasar por diante dun escaparate e poder ler: ”rebaixas”, ”volta ó cole”, ”descontos”… ou estar nun campo de fútbol, nunha regata… e oir os cánticos na miña lingua.

Pero o principal problema é que o galego está desaparecendo do ámbito familiar. Os pais educan aos seus fillos en castelán e o galego vaise perdendo de xeración en xeración, ata que chegue un momento que o castelán consiga soterrar ó galego; por iso é tan importante eliminar todos os prexuízos existentes hoxe en día.

Como conclusión, os ditos deberían ser feitos. Con isto quero dicir que en vez de dar unha visión tan positiva do galego nos diferentes ámbitos, os gobernantes deberían axudar e potenciar o seu uso, eliminando todos os prexuízos sobre a nosa lingua. Lamentablemente, isto queda moi lonxe, xa que o mundo da política o que semella que  pretende é facer desaparecer o galego.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.