Laura Losada Miguéns e María Domínguez Picón
Falamos con Mª Carmen Caramés Gorgal, profesora de pedagoxía terapéutica do noso centro, e preguntámoslle pola súa traxectoria como escritora e polo seu último libro que recibiu o premio de poesía Xohán Carballeira.
-A que se debe que cambiases de relatos a poesía ?
En realidade, o meu xénero sempre foi a poesía pero, metín no medio algo de relatos
- Escribiches poesía e escribiches relatos, cal che gusta máis?
Ben… eu síntome moi cómoda na poesía pero a narrativa prestase máis a contar historias.
- Dos premios que gañaches, cal significa máis para ti?
Todos son importantes xa que detrás de todos eles hai un xurado, é dicir hai persoas que escolleron un dos meus libros ou relatos porque pensaban que tiña algo interesante.
- Pero se tiveras que escoller un …
Máis importante, a nivel persoal sería o primeiro, cando me publicaron o meu primeiro libro.
- Cando comezaches a escribir?
Comecei cando era pequena, gustábame moito ler e escribir e sobre todo xogar coas palabras… ademais daquela non había videoxogos co que, asi era como máis me gustaba pasar o tempo
-Que lle dirías a alguén que quere ser escritor ?
Que non abandonase nunca, que escribise o que lle apetecera en cada momento, e que loitase polo seu soño, porque sempre se cumpre se se loita por el. Tamén que teña seguro que se o propón, non vai fracasar xamais.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]