Imaxe de cabeceira
Deportes
Mireia Belmonte — Especialidade Natación

por Noelia Martínez Figueira    1ºBacharelato A

Imagen Mireia Belmonte

Mireia Belmonte García naceu en Badalona, Barcelona, o 10 de novembro de 1990. É unha nadadora española, campeona mundial, europea e dobre subcampeona olímpica, que compite nas categorías de estilos, mariposa e libre. Participou en dous Xogos Olímpicos, nos de Pekín 2008 onde competiu con 17 anos, e nos Xogos Olímpicos de Londres do 2012, onde gañou dúas medallas de prata.

Mireia Belmonte comezou a nadar aos 4 anos por consello médico, sendo o Club de Natación de Barcelona o primeiro co que comezou a competir. No ano 2003 obtivo unha beca para adestrar nun Centro de Alto Rendemento, e máis tarde foi fichada polo Club de Natación de Hospitalet. Tras seis anos nese club, ficha polo Club de Natación Sabadell, a pesar de que aínda continuaba adestrándose no centro de alto rendemento. Será no ano 2009 cando deixe os adestramentos neste centro para pasar a realizalos no propio Club Natación Sabadell, primeiro ás ordes de Michael Piper, e posteriormente con Fred Vernoux.  Mireia posúe un total de 36 medallas, 20 das cales de ouro, 11 de prata e 5 de bronce.

PALMARÉS

2006 – Campionato Mundial Júnior , Brasil – 2 ouros en 400m

 2007- Campionato Europeo Piscina Corta en Hungría – prata en 400m

 2008- Campionatos Europeos nos Países Baixos  e Mundial – ouro, prata e bronce en 200m, e ouro e bronce en 400m

 2009- Campionato Europeo Estambul – prata en 400m

 2010- Campionato Mundial Piscina Corta – 2 ouros en 200m, 1 ouro en 400m e prata no 800m

 2011- Campionato Europeo Piscina corta – 2 ouros en 200m e 2 ouros en 400m

 2012- Campionato Europeo e Xogos Olímpicos – Ouro nos 1500 m e prata nos 200,400 e 800m

 2013-  Campionato Mundial Barcelona e Campionato Europeo Piscina corta -  Prata nos 400 e 200 m e ouro nos 200,400 e 800 metros

 2014- Campionato Europeo e Mundial en Piscina corta – ouro nos 1500 e 200m, prata nos 400 e 800m, e na segunda competición ouro nos 200, 400 e 800m




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.