Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
8º Concurso de relatos 2015-16. Ciencia que conta.

Temática: Concurso de relatos curtos vencellados á ciencia. En xeral trátase de relatar poñendo en valor a importancia da ciencia no desenvolvemento económico e no benestar dunha sociedade –nomeadamente a galega- e un maior recoñecemento social destas actividades, así como un achegamento ao traballo científico e ás profesións de científicos e tecnólogos.

CQC2016_BASES_PARTICIPACION-

A quen vai dirixido? A todos e todas e nomeadamente ao alumnado. Hai unha categoría xeral na que pode participar toda a comunidade educativa e tres categorías para o alumnado: Primaria, Secundaria e Bacharelato-Ciclos.

 O prazo para o envío dos traballos remata o 1 de abril de 2016  (1º premio: smart watch).

Na seguinte páxina web hai información sobre os concursos anteriores e información actualizada desta convocatoria:

http://www.cienciaqueconta. com

Como en edicións anteriores, os mellores relatos de cada categoría (en total sobre corenta) serán publicados nun libro. Se non teñen no seu centro os editados nos concursos pasados, pode solicitalos no correo:

cienciaqueconta@uvigo.es

ou ben lelos ou descargalos a través da nosa páxina web en formato pdf.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.