Veñen de clausurarse as Xornadas “Holocausto e Memoria Histórica” celebradas no IES Felix Muriel do 30 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2017.
O obxectivo era honrar as vítimas do Holocausto así como calquera tipo de eliminación de pobos, e que o alumnado tome conciencia desta situación de odio contra os “diferentes”, sobre o sufrimento humano tanto no pasado como na actualidade, e construír un futuro onde poidamos vivir con dignidade pero sen esquecer o pasado.
A continuación déixase o programa, que se enlaza con sucesivos artigos que imos publicar con información e documentación das charlas
PROGRAMA
Luns 30 > Película “O Pianista” de Roman Polanski
- Martes 31 > Bernardo Máiz Vázquez: Resistencia Gerrilla Represión no 36
- Mércores 1 > Xosé Luís Axeitos Agrelo: As Misións Pedagóxicas
- Xoves 2 > Xosé Ramón Brea Rei: O bou Eva: os irmáns Insua
- Venres 3 > Montse Fajardo Pérez: A represión sobre as mulleres tras o Golpe de Estado do 36
- Exposicións: “A illa de Memoria” e “Holocausto”
A semana do 30 de xaneiro ao 3 de febreiro celebramos no IES Félix Muriel de Rianxo as 1ª Xornadas sobre o Holocausto e a Memoria Histórica.
O Primeiro día visionamos a película O Pianista de Roman Polanski, onde poidemos observar o comportamento dos alemáns en 1939 cando invaden Polonia, contra os Polacos e en particular cos xudeus no gueto de Varsovia, todo elo a través do pianista Wladyslaw Szpilman da Radio Polaca.
O seguintes días contamos ca presenza do historiador Bernardo Máiz, que nos dou unha visión da España do 36 a través da súa conferencia, Resistencia, guerrilla e represión no 36, centrándose na zona de Rianxo.
O profesor Xosé Ramón Brea Rei, centrou a súa exposición sobre os curmáns de Castelao, os irmáns Insua, así como os acontecementos ocorridos en Vigo o 23 de abril do 1937 no bou Eva.
E o último día Montse Fajardo, dounos unha visión da represión sobre as mulleres tras o Golpe de Estado do 36, co relato de varias delas que sufriron represión na zona de Arousa.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]