O Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Policía Local de Rianxo, organiza unha charla sobre seguridade infantil, que se enmarca nas propostas do programa Apego.
Nesta ocasión, baixo o título “Seguridade infantil. Consellos para a viaxe e na rúa”, dous axentes da Policía Local de Rianxo impartirán unha charla dirixida a nais, pais e persoas coidadoras, que incide na seguridade da poboación rianxeira máis miúda, e que pretende achegar información e recursos para mellorar a seguridade da poboación infantil, tanto no seu transporte e durante a viaxe, como na rúa, cando xa son máis grandes e comezan a utilizar xoguetes con rodas como monopatíns, patíns ou bicicletas.
Dunha banda tratarase a correcta utilización dos sistemas de retención infantil (RSI) nos vehículos, a súa correcta instalación para garantir que sexan eficaces e tamén a normativa existente ao respecto. Ademais, falarán tamén da utilización do cinto de seguridade, especialmente no caso das mulleres embarazas, que moitas veces pode evitar graves consecuencias.
O obxectivo desta actividade é concienciar ás familias sobre os riscos dos accidentes infantís, que constitúen un problema de saúde pública (primeira causa de morte en menores de 14 anos).
A charla está aberta a todas as persoas que teñan interese en mellorar a seguridade infantil, e celebrarase o sábado 25 de novembro, ás 12.00 h, no Auditorio de Rianxo.
Para participar cómpre anotarse no Servizo de Normalización Lingüística (planta baixa da Casa do Concello, antigo xulgado), nos teléfonos 664188084 ou 981860075 ou no correo electrónico normalizacion@concelloderianxo
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]