Por Zaida Vidal e Elena Ramos
O pasado luns 22 de xaneiro comezaron as charlas da Garda Civil no noso centro. Durante catro días estiveron falándonos, a todo o alumnado da ESO sobre diferentes temáticas. O luns empezaron dándolles unha charla ós nenos e nenas de primeiro da ESO, sobre novas tecnoloxías e o martes 23 seguiron cos de segundo da ESO, e faláronlles sobre o acoso escolar.
Volveron este martes seguinte, o pasado día 30, para os rapaces e rapazas de cuarto da ESO aos que tamén lles falaron sobre as novas tecnoloxías. E por último, hoxe, mércores 31 o alumnado de terceiro da ESO vai gozar da última charla que darán os Gardas civís de Rianxo sobre drogas e alcohol.
Nós estivemos nunha das primeiras charlas e pareceunos moi interesante e útil, xa que a calquera lle pode acontecer calquera problema deste tipo.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]