Imaxe de cabeceira
Deportes
Arancha Rodríguez subcampioa de España en C-1

IMG-20180619-WA0001Arancha Rodríguez foi subcampiona no Campionato de España de Ríos e Travesías, disputado xunto á terceira Copa de España de Maratón.

Na categoría xuvenil que é na que está a nosa compañeira Arancha participaron dez mulleres, aínda que a saída foi mixta,  xuntando a categoría femenina de canoa xunto á masculina.

Ela leva competindo …dende os nove anos. Empezou preparándose no Club Piragüismo de Rianxo, tendo por diversos motivos que cambirse para o Club Piragüismo Rías Baixas-Boiro o que fixo que cambiase tamén de modalidade.

Aínda que o Campionato de España non o gañou, nesta temporada xa leva cinco medallas entre as de prata e bronce en diversas competicións.

Animamos á nosa compañeira para que siga mellorando e desexámoslle moitos éxitos.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.