Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
As linguas de España de María Victoria Moreno (por Candela Lustres)

“As linguas de España” é un libro escrito por Mª Victoria Moreno no ano 1991 no cal se reflicte moi ben a situación das distintas linguas oficias en España.

María Victoria Moreno comeza o libro narrando a historia de cada unha das linguas presentes na Península: o euskera, o galego, o catalán e o castelán e  destacando así a gran semellanza entre a maioría das palabras do catalán, do galego e do castelán, xa que se debe á súa orixe común, pois todas proceden do Latín, (feito no que fai fincapé durante case todo o libro), mais non lle pasa iso ao Euskera, xa que a súa orixe é prerromana.

Logo, céntrase na historia da Romanización tendo en conta as invasións e os pobos que habitaron os territorios que esas linguas ocupaban. Ademais, durante todo o libro se poden apreciar exemplos da evolución de moitas palabras que facilitan a comprensión deste.

A Romanización, ten unha gran importancia con respecto ás linguas, pois a lingua era un dos factores que variaba continuamente, ata que finalmente, o Latín se impuxo en todo o Imperio,  aí está o porqué de que todas as linguas deriven desta,( agás o Euskera, como xa dixen antes). Moitas das palabras se transmitiron oralmente por iso sufriron unha gran transformación  (patrimoniais) pero non sucedeu así con outras (cultismos). Pero na Península a parte da Romanización suceden diferentes invasións (suevos, alanos, vándalos e visigodos) as cales foron cruciais para a evolución de todas as linguas que na actualidade falamos e escribimos.

Aínda que agora só existan catro linguas oficiais no Estado Español, non significa iso que anteriormente non existiran outras diferentes, xa que nun determinado momento  houbo presenza de ata once diferentes e hoxe, contando as non oficiais (astur-leonés, navarro-aragon-es e aranés) temos oito.

Ao final do libro, María Victoria Moreno fai unha pequena conclusión mencionando a gran importancia do bilingüismo e a gran sorte que teñen as persoas que saben e falan máis dunha lingua. Mais este non é o caso nin de Galicia, nin de Cataluña nin de Euskalerría, xa que en ningunha delas conviven os dous idiomas por igual, senón que prevalece sempre o castelán; ademais a maioría da xente destes lugares acostuman escoller o castelán, algo totalmente contraditorio, simplemente polos prexuízos, (no caso do galego cabe destacar o prexuízo de que ” é unha lingua de escravos”). Por outro lado, María Victoria fai unha pequena reflexión sobre a sociedade de hoxe en día e sobre a ignorancia dos falantes ao abandonaren a súa propia lingua, perdendo así a súa identidade.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.