O ENDL convoca un concurso de felicitacións virtuais co fin de que poidan ser enviadas por correo electrónico e/ou whasapp.
BASES
1. As felicitacións deben ser imaxes en formato jpg ou animacións en formato gif.
2. Os premios organízanse con base a tres categorías:
A) Alumnado de 1º, 2º e 3º ESO
B) Alumnado de 4º ESO, Bacharelato e CFGM
C) Profesorado e persoal non docente.
Haberá un premio por categoría: un vale para consumir na cafetería.
As felicitacións gañadoras serán publicadas no Facebook e en Bicodaría.
3. O xurado estará composto por integrantes do ENDL (agás aquelas persoas que participen no concurso)
4. Valorarase o deseño e a mensaxe da postal, prestándolle atención especial á creatividade.
De non acadaren a calidade suficiente, o xurado poderá declarar desertos os premios.
5. As felicitacións remitiranse a: enl.felixmuriel@gmail.com
6. O prazo de recollida rematará o 16 de decembro.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]