(Por Pilar Pérez)
En xeral promóvese o crecemento intelectual, persoal e emocional e estimúlanse o pensamento crítico e o debate. Abundan as presentacións orais, traballos en grupos, e tempo para as discusións entre o alumnado. Con esta variedade de enfoques é máis doado acadar que todos os estudantes atopen a súa maneira de aprender.
Todo o profesorado, independentemente da materia da que sexa especialista, se considera profesor de lingua
“O noso reto é que cada estudante sexa único, e cada un debe ter oportunidades para acadar o éxito de acordo cos seus propios intereses, habilidades e metas”
Se un traballo non acada os estándares de aprendizaxe non significa que se deban reducir estes estándares, senón que se debe traballar ata conseguir que se cumpran, isto implica preparar actividades que melloren o traballo do alumno.“Sen suspensos” non é equivalente a reducir os estándares de aprendizaxe.
No caso do alumnado que non entrega unha tarefa que produce evidencias dunha aprendizaxe, o sistema educativo canadiense di que a resposta non debe ser un “cero” senón “o traballo ten que ser entregado”; e cita a “Douglas Reeves que di “A consecuencia de non ter completada unha tarefa ten que ser completar a tarefa”.
Realmente, penso que camiñamos na mesma dirección. Na miña opinión, unha diferenza importante é que o alumnado canadiense ten moita máis responsabilidade e autonomía á hora de planificar a súa traxectoria educativa. Aquí vos amoso unha táboa que o alumnado recibe para planificar os catro anos de secundaria:
Subject |
Grado 9 |
Grado 10 |
Grado 11 |
Grado 12 |
1 |
English |
English |
English |
English |
2 |
Mathematics |
Mathematics |
Mathematics |
|
3 |
Science |
Science |
||
4 |
Canadian Geography |
Canadian History |
||
5 |
French |
Civics/Career Studies |
||
6 |
Physical Education* |
|||
7 |
Arts* |
|||
8 |
*Recomendable en grado 9 pero poden ser cursadas en calquera grado
Hai que dicir que a organización do alumnado nas clases non é por grupos, senón por materias. Cada materia impártese nunha aula a onde vai o alumnado matriculado nela, polo que se teñen compañeiros de clase por materia.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]