Cada 14 de febreiro celébrase a nivel internacional o día de San Valentín, ou día dos namorados. A orixe deste día remóntase ao século III, en Roma, cando un sacerdote chamado Valentín incumpriu as ordes do seu emperador Claudius Aurelius Gothicus, quen prohibira os casamentos dos mozos para que así os soldados non se distraeran, casando os namorados en segredo. Cando isto foi descuberto o sacerdote foi torturado e finalmente executado o 14 de febreiro. Malia a que aparentemente parece unha celebración inocente e fermosa, na sociedade actual só fomenta accións tan desprezables como o consumismo, a contaminación, o machismo e a homofobia entre outras.
En pleno século XXI, o máis normal e característico desta data son os bombóns, os bonecos, os aneis ou as ceas románticas á luz das velas. Pero o que a maioría das persoas non saben ou non queren saber é que iso só é unha cara da moeda e que a outra é todo o boom comercial que as grandes empresas fan a costa de mercantilizar o ´´amor romántico“. Isto non é máis que un síntoma da sociedade capitalista occidental: o sistema económico moldea todo tipo de relacións sociais para implantar así un tipo de relacións fundamentadas no poder económico das persoas e dos regalos inútiles e innecesarios que se poidan facer. Así mesmo, este día deixa unha pegada ecolóxica moi grande, algo lóxico tendo en conta a enorme cantidade de plástico dos obxectos máis vendidos nestas datas. Ademais, o San Valentín europeo por exemplo contamina e prexudica as zonas do lago Naivasha, en Keina, pode ser algo difícil de crer para unha sociedade como a nosa que non ve máis alá das súas fronteiras. A industria das flores domina soberana nesta rexión, ofrecendo emprego, de maneira directa ou indirecta, a decenas de miles de habitantes, aínda que en distintas ocasións cuestionáronse os baixos salarios dos traballadores. A pesar de estar en decembro, as numerosas granxas da zona xa están en plena actividade para abastecer os mercados europeos de rosas para a celebración de San Valentín.
Volvendo co ´´amor romántico´´, este establece unha serie de relacións como ´´normais´´. “Normais´´ son as relacións monogámicas, heterosexuais, os celos, o sentido da pertenza, a violencia física e psicolóxica… E esta forma está defendida e avalada pola igrexa, certos partidos políticos e algúns sectores da sociedade máis tradicionais aos que non lles interesa a igualdade. Aínda a pesar desa realidade, estes lévannos a soñar coa existencia de princesas rosas, fráxiles e débiles e príncipes azuis, fortes e valentes que permanecen xuntos porque se gardan amor eterno. En definitiva o que con palabras claras se chama unha relación de pertenza. Todo o contrario polo que loitaron e loitan as feministas dende a antigüidade até os nosos tempos. Cabe destacar a concepción das revolucionarias rusas que defendían a unión libre guiada pola atracción sexual e a afectividade, como dicía a bolchevique Alejandra Kollontai “estas novas relacións aseguran á humanidade todos os goces do chamado amor libre, ennobrecido por unha verdadeira igualdade entre compañeiros, goces que son coñecidos na sociedade comercial do réxime capitalista´´
O 14 de febreiro do ano 2019, presenciei un comportamento dun membro da comunidade educativa, que exemplifica moi ben esta situación. Desde facía uns cantos días esta persoa viña anunciando o día de San Valentín, dicindo literalmente ´´mozas dentro duns días é o voso día` e, cando o devandito día chegou, felicitounos a todas as mozas entre risas, actitude que foi totalmente aprobada pola maioría de persoas que estaban presentes.
En definitiva, o día de San Valentín é unha celebración que non é máis que un invento das grandes empresas e aceptado por certas personalidades interesas, que non promove máis que actitudes consumistas e tradicionalistas. Para erradicar este tipo de condutas, o que deberíamos facer é deixar de celebrar esta data, e deixar de darlle protagonismo ao ´´amor romántico´´, pois cando unha persoa quere de verdade a outra demóstrao todos os días non só un, e con actos, non con regalos materiais inservibles.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]