Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

 

Mentres subía polas esqueiras de madeira a buscar unhas toallas mirou no espello da parede o rostro xoven que se refrexaba observando os xestos da cara. Non se daba acostumado a este novo corpo e xa o tiña dende fai uns anos, quizais era o momento de cambialo.

Sabela

Parabéns!

Lectura de Mauro

Samaín no Felix Muriel

Estaba so cando aconteceu, no sofá, e de golpe todo escureceu. Escoito unha respiración, uns pasos, hai sombras, gritos. O meu corazón non paraba. E de golpe o silencio, un rostro horrible e máis gritos, pero estes agora son meus, e teño que facer que grite outro, serás ti?

Mauro Riveiro Suárez 2º ESO A

Lectura do microrrelato de Mauro

Parabéns!

Lectura de Susana

Susana logrou o primeiro premio da súa categoría.

Parabéns!

Tremede de medo co seu relato …

Microrrelato de Susana

Jade e Ana

Hai alguén no armario

Escóitase gritar a unha nena chamando pola súa nai, esta entra e pregunta que pasa; ela responde que hai algo no armario. Achegouse a este e viu unha luz que se apagaba; abriu a porta e estaba todo escuro, non se apreciaba o que había dentro, sentiu que a metían dentro a forza. A  nena impulsivamente foina buscar e de súpeto lle saltou o sangue da nai á cara.

Ana e Xade 2º ESO

Lectura de micrrorrelato de Iria

“Outra noite de tormenta erguíase sobre o pobo. Odiábaas. Espertou de golpe ante un lóstrego fugaz, asustada. Sentiu unha cálida man rodear a súa cintura e darlle apoio. “Cariño, só é unha tormenta”, oíu murmurar. Volveu a pechar os ollos… Ata que recordou que vivía soa.”

Iria Victoria Vidal Figueira, de 3º ESO B.

 Lectura do microrrelato de Iria Victoria

 

Parabéns!

Lectura de Celia

Só faltaba unha hora. Estaba a punto de acontecer. Non podía aguantar a espera. Suicideime. Cando a morte chegou atopou o meu corpo inerte pendurado dunha corda. Maldíxose por tardar tanto, a súa vinganza non podería ser executada

Celia Arcos Resúa (2º ESO)

Lectura microrrelato Celia

 

Parabéns!

166 Artigos |   | 1  |   | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  | 14  | 15  |   | 21  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.