Con motivo do Samaín, Bibliomuriel e Normalización organizan un concurso de microrrelatos de medo que, emulando a Twiter, non poderán pasar dos 280 caracteres.
DESCARGA AQUÍ O PDF: Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Todos poderemos organizar mellor o noso tempo, as nosas tarefas, os nosos exames, … grazas aos novos calendarios elaborados polo Equipo de Normalización que están á nosa disposición nas aulas. Neles mulleres de diferentes ámbitos moi importantes na nosa sociedade teñen un lugar especial. Valorémolas!
Moitas grazas a todos os que colaborastes!
Convidámosvos a participar na III Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego, organizada pola Agrupación Teatral Criaturas coa colaboración do Concello de Rianxo, que se desenvolverá do 28 de setembro ao 7 de outubro. Nesta semana tamén poderedes desfrutar do acto de apertura da exposición da obra plástica de Luís Noya que contará coa asistencia […]
Empezamos! Nesta nova andaina prepararemos novas actividades e proxectos e continuaremos con outros como a nosa revista Bicodaria, o noso blog “O castelo da lúa”, a nosa páxina web RianxoFala … Convidámosvos a participar! Esperámosvos no noso local (a carón da cafetería)
(Por Iria e Alba)
Videoxogos…, un tema moi soado na actualidade, verdade? Día a día, vense nenos obsesionados con pasar pantallas e pantallas ata chegar a un “final”, olvidar o xogo e coller outro. Poden os videoxogos ser un problema serio? Ou é algo inofensivo? É bo que os pais os regulen?
(Por Alba e Iria)
Deberes… Non fai falta explicar que son. Coñecidos coma os pesadelos da rapazada e adolescentes, son un tema moi soado. Hai quen apoian as tarefas fóra do tempo escolar, hai quen din que deberían ser opcionais e hai quen defende que non serven para moito e que só quitan tempo. É realmente certo que son prescindíbeis? Ou en verdade axudan ó desenvolvemento académico?
(Por Alba e Iria)
Micromachismos nos deportes, que son? Son pequenas diferenzas que a sociedade lles dá a cada xénero inxustamente; por exemplo, alguén sabe algo do fútbol feminino? Nos xornais apenas hai nada. Por que é? Tense a concepción de que coa muller o deporte é máis aburrido. Despois de todo, o fútbol feminino non vende precisamente por isto e non se fai nada por promocionalo ou darlle a atención que debería. Se xa o fútbol lle quita o espazo ós demais deportes…