A nosa homenaxe a Celso Emilio conta con varias actividades que xa se están desenvolvendo e unha delas é esta: o recitado conxunto o dÃa 12 do 12 ás 12 do poema “Deitado fronte ao mar”
As profesoras Olga (francés) e Rosa (inglés) leron hoxe cadanseu poema, igual que o fixeron a semana pasada MarÃa (francés), Rubén (ciclo), Xabier (Lingua castelá), Ana (grego)… ao lado de alumnas e alumnos do IES. Hoxe participaron algúns de 4º ESO nos dous recreos.
Grazas a todos os alumnos e familiares que axudaron a reunir moitos dos tapóns que serviron para recaudar cartos para Paula.
Déronnos os diplomas, merendamos e asistimos ao concerto do Leo… Estivo todo moi ben!
Estimada Rosa Aneiros:
Lin o seu libro de Resistencia, e téñolle que dicir que me gustou moito. Non foi aburrido, nin se puxo pesado como outros libros que se centran máis na Guerra e deixan as historias de amor en segundo plano.
Supoño que non serei a única das súas lectoras que lle din isto, pero principalmente escríbolle para pedirlle que por favor lle faga unha segunda parte a Resistencia. Eu e outras tantas alumnas de 4º de ESO gustaríanos moito que o fixese.
Sabemos máis ou menos como é o final, pero aínda así, temos esa dúbida de se vai para o Pinhal do Rei ou para Brasil.A poder ser, gustaríanos que o reencontro entre Filipa e Dinís fose bonito e apaixonante.
Moitas grazas por prestarme un anaco do seu tempo.
Lucía Ordóñez Iglesias.
A semana pasada visitounos o contacontos Celso Fernández Sanmartín.
Reunímonos todos os 2ºs no Salón de Actos, para escoitar e divertirnos moito cos entretidos contos de Celso. A todos nos gustou moito esta actividade, pois con cada cousa que contaba facia que botásemos unha carcajada sen fin!
Contounos varios contos, e todos nos gustáron moito. Na miña opinión, Celso é un home moi expontáneo e ocurrente, que con cada historia que conta déixanos ca boca aberta e cos ollos coma pratos. E sobre todo, en cada historia que contou, sempre se atopa unha moralexa, e eso, está moi ben.
Katharina aprendeu galego e tivo o seu primeiro contacto coa nosa lingua na Universidade de Santiago o ano pasado cando veu á universidade compostelá mediante o programa Erasmus.
Katharina decidiu vir sen amigas alemás a Compostela para aprender máis rápido o español e mais o galego. O ano pasado recibía aquí clases particulares de galego e este ano estuda o noso idioma na Universidade alemá de Tubinguen, xa que alí hai lectorado de galego.
Esta moza, igual ca os seus compañeiros do lectorado, dedícalle actualmente catro horas á semana ao galego, dúas a cultura galega e outras dúas de lingua. Comentounos que o noso idioma lle parecía moito máis doce ca o español.
ENCONTRO COA ARTE: Lembrando a Castelao. Xornada de Pintura do Natural
DÍA: sábado 2 de xuño
HORA: 10.30-19.00 h
LUGAR: Rúas de Rianxo e Auditorio
CONCERTO DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA: Río de Anxo en concerto
DÍA: sábado 2 de xuño
HORA: 20.30 h
LUGAR: Auditorio de Rianxo
CONCERTO DE FRAUTA organizado pola Escola de Música de Rianxo
DÍA: domingo 3 de xuño
HORA: 20.00 h
LUGAR: Auditorio de Rianxo
Para máis información poden consultar a páxina web do concello www.rianxo.com