Sección dedicada a mostrar dinámicas normalizadoras propias, do noso ENDL, pero tamén a dar conta de persoeiros, entidades, organizacións… que se moven no mesmo campo ca nós, o da normalización das linguas minorizadas. Aproveitamos tamén este espazo para presentar información sobre distintas linguas minorizadas no mundo.
COPLAS DE ESTRELAS, de GUADI GALEGO, nunha montaxe de Valeria Martínez, alumna do IES A Cachada, de Boiro
Dende o ENDL deixamos a pomba da paz en presentación.
Esperamos que non lle medren as plumas da intolerancia lingüística
Recorremos á pomba da paz para seguir reclamando a normalización da nosa lingua en todos os eidos. O vindeiro venres imos celebrar no IES o Día da Paz e desde o
O pasado sábado, no Pazo da Cultura de Pontevedra, Gabriela Mendes, Amancio Prada, Vítor Ramil, Luiz Caracol e Budiño estiveron xuntos no escenario para interpretar música lusófona. Nesta gala, Rosalía foi o eixo central, a súa poesía foi interpretada nos moitos sotaques da nosa lingua.
“Remexe moito”, así se sentía Vítor Ramil despois de cantar en galego un poema de Rosalía. As notas xurdían mentres recitaba os versos do poema.
Selena Bermúdez Fungueiriño (2ºBach A) deixounos a súa reflexión a propósito da polémica arredor do polbo-pulpo do Carballiño
A petición do alcalde de Carballiño para incluír a palabra pulpo no dicionario xunto polbo é canto menos polémica. Ampárase en que a maioría dos falantes do seu concello utilizan “pulpo” para tal proposición, pero é importante sinalar que os castelanismos están amplamente estendidos pola xeografía galega debido a séculos de imposición do castelán. Ademais o galego está en pleno proceso de normalización e fai escasos anos comezou a estandarización da nosa lingua, polo que non todos as verbas están plenamente asentadas entre os falantes.
A literatura galega é relativamente nova. Non goza dunha historia ininterrumpida como outras literaturas románicas. As causas disto son as épocas de silencio que sufriu a nosa lingua e que quedaron reflectidas na nosa literatura.
O profesor Carvalho Calero divide a historia do galego e da literatura galega en 3 etapas. Nestas etapas o galego é concibido de distintas formas polas persoas. O galego foi a lingua da literatura; máis tarde, desprezada como unha lingua do pobo, un dialecto mal falado; silenciada e agochada nos Séculos Escuros, florece de novo na literatura do Rexurdimento e queda agochada despois dunha longa noite de pedra durante a ditadura franquista.